Información e verificación dos certificados

Información e verificación dos certificados

 

 

A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas dedica o capítulo II do seu título I aos sistemas de identificación e sinatura dos interesados no procedemento administrativo. Nos artigos 9 e 10, fai referencia aos sistemas de identificación e sinatura, respectivamente, baseados en certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados, que serían expedidos por prestadores incluídos na Lista de confianza de prestadores de servizos de certificación (TSL).

Os certificados admitidos na sede electrónica da Dirección Xeral da Garda Civil son os soportados pola plataforma @Firma, cuxa relación se recolle no documento de ”Provedores de servizos de certificación de @Firma”.

Para verificar a validez dos certificados desta sede electrónica, pode utilizar os servizos da plataforma Valide, proporcionada polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.